(Galicia) Se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 2011/2012.


Miércoles 7 de septiembre de 2011
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  72



(Galicia) Se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 2011/2012.

ORDE do 24 de agosto de 2011 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 18 de marzo de 2011, DOG do 12 de abril, estableceu as bases reguladoras e convocou axudas a centros privados concertados para atender alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, naqueles aspectos que non estiveran xa cubertos polo correspondente concerto, desde o día 1 de xaneiro de 2011 ata o remate do prazo límite de xustificación de gastos.

Unha vez rematado o procedemento establecido na convocatoria, cómpre facer pública a relación definitiva de centros beneficiarios destas axudas, de acordo co artigo 6 da devandita orde.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Conceder as axudas económicas aos centros privados concertados que se relacionan no anexo desta orde.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 107.1, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 10, 14 e 46.1.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Consultar/Descargar ORDE do 24 de agosto de 2011





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS







Artículos Recientes

Etiquetas Relacionadas