(Galicia) Oferta educativa das escolas oficiais de idiomas curso 2013/2014


Lunes 12 de agosto de 2013
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  74



(Galicia) Oferta educativa das escolas oficiais de idiomas curso 2013/2014


Xúntase a Orde do 1 de agosto de 2013 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2013/14.

ORDE do 1 de agosto de 2013 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2013/14.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia plena desta comunidade autónoma para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, competencias que lle están atribuídas á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos termos que figuran no artigo 2 do Decreto 114/1982, do 1 de setembro, sobre asunción de transferencias en materia educativa, e no artigo 1 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro (DOG do 18 de xaneiro), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regula as ensinanzas de idiomas que se imparten nas escolas oficiais de idiomas como ensinanzas de réxime especial, sendo un dos principais obxectivos o estudo dos idiomas europeos, así como o das linguas cooficiais do Estado. Esta lei establece nos artigos 59, 60, 61 e 62 que as ensinanzas de idiomas se organizarán en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. En consonancia co disposto no artigo 6.2º da devandita lei, o Goberno fixou no Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, os aspectos básicos do currículo que constitúen as respectivas ensinanzas mínimas nos niveis intermedio e avanzado.

Polo anteriormente exposto, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, DISPOÑO:

Artigo único. Oferta pública das escolas oficiais de idiomas Faise pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas a partir do curso escolar 2013/14, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Disposición derradeira primeira Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas que sexan necesarias para a aplicación desta orde. Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013





Archivos adjuntos/Descargar documentos:

Oferta educativa das escolas oficiais de (...)
Oferta educativa das escolas oficiais de (...)

Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS