(Galicia) Oferta de PCPIs curso 2013/2014


Miércoles 14 de agosto de 2013
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  106



(Galicia) Oferta de PCPIs curso 2013/2014


ORDE do 7 de agosto de 2013 pola que se establece a oferta de programas de cualificación profesional inicial en centros públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á nosa comunidade autónoma as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en todos os seus niveis e graos, e nas súas modalidades e especialidades, consonte os preceptos emanados da Constitución e das leis que sexan de aplicación, competencias que na actualidade están asignadas á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 30 que lles corresponde ás administracións educativas organizar programas de cualificación profesional inicial destinados a alumnos e alumnas maiores de 15 anos, feitos antes do 31 de decembro do ano de inicio do programa, para os cales se considere que é a mellor opción para alcanzar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria, co fin de que alcancen competencias profesionais propias dunha cualificación de nivel 1 da estrutura actual do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, así como de que teñan a posibilidade dunha inserción sociolaboral satisfactoria e de que amplíen as súas competencias básicas para proseguiren estudos nas diferentes ensinanzas.

A disposición adicional primeira da Orde do 13 de xullo de 2011 prevé que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determine anualmente a oferta de programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo coas competencias que ten conferidas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN: Artigo 1. Obxecto

Determinar a oferta formativa dos módulos do primeiro e do segundo curso dos programas de cualificación profesional inicial para o curso 2013/14, nos centros públicos que se relacionan nos anexos I e II. O Fondo Social Europeo cofinancia nun 80 % os gastos de funcionamento dos módulos profesionais dos programas de cualificación profesional inicial, no marco do programa cooperativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 73.





Archivos adjuntos/Descargar documentos:

Oferta PCPIs 2012/2013.pdf
Oferta PCPIs 2012/2013.pdf

Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS