(Galicia) Licencias para formación curso 2013/2014. Resolución DEFINITIVA

, por  Cuadernalia 248

(Galicia) Resolución DEFINITIVA Licencias para formación curso 2013/2014.


ORDE do 6 de setembro de 2013 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas a funcionarios docentes non universitarios.

De conformidade co establecido artigo 7 da Orde do 5 de xuño de 2013 (DOG do 14 de xuño) pola que se convocaban licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, esta consellería DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlles as licenzas por formación aos profesores que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. De acordo co artigo 2 da orde de convocatoria, ofertáronse sete modalidades de licenzas por formación. Unha non retribuída –a modalidade 0– e 6 modalidades retribuídas. Dentro do período que abrangue o curso académico, os beneficiarios puideron escoller o período de desfrute da licenza de acordo coa duración establecida para cada modalidade na orde de convocatoria.

Terceiro. O profesorado ao cal se lle concede licenza por formación queda obrigado ao cumprimento do exposto no artigo 9 da orde da convocatoria, obrigas dos beneficiarios, e a respectar o recollido no artigo 11, incompatibilidades. Non cumprir o anteriormente exposto dará lugar á activación do contido do artigo 12 da orde de convocatoria, responsabilidades por incumprimento.

Cuarto. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013