(Galicia) Fondo Acción Social 2010: Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas


Miércoles 12 de octubre de 2011
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  718



(Galicia) Fondo Acción Social 2010: Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2011, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2010 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia

De conformidade co establecido na norma 7.2 dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio do ano 2010, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 13 de xaneiro de 2011 e publicados por Resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais do 1 de febreiro de 2011 (DOG número 27, do 9 de febreiro), o anuncio de exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1995, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/as solicitantes ou dos/as causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2010 na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS