(Galicia) Convocatoria cursos de idiomas para o profesorado nas EOI (1º cuadrimestre 2011/2012)

, por  Cuadernalia 141

Convocatoria de cursos de idiomas para o profesorado nas EOI en colaboración cos CFR e o CAFI (1º cuadrimestre 2011/2012)

Convócanse cursos de idiomas para o profesorado, impartidos nas Escolas Oficiais de Idiomas en colaboración cos Centros de Formación e Recursos (CFR) e o Centro Autónomo de Formación e Innovación (CAFI), cunha estrutura modular en tres niveis (básico, intermedio ou avanzado) e catro módulos de 30 horas por nivel (I, II, III ou IV).

Pode consultar cursos ofertados no 1º cuadrimestre do curso 2011-2012 na listaxe que se achega, e facer a súa preinscrición ata o vindeiro mércores 23 de novembro a través de http://www.edu.xunta.es/fprofe (para facilitar a búsqueda dos cursos, seleccione «Área: linguas estranxeiras», ou «Área: lingua e literatura galega» no caso dos cursos de galego).

Os cursos comezarán a semana do 28 de novembro."