(Galicia) Apertura do prazo para que o persoal docente, interino ou substituto, do corpo de mestres solicite provincias ou zonas curso 2012-2013


Martes 4 de septiembre de 2012
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  160



(Galicia) Apertura do prazo para que o persoal docente, interino ou substituto, do corpo de mestres solicite provincias ou zonas curso 2012-2013


Infórmase que dende o día de hoxe, 3 de setembro está aberto o prazo para que o persoal docente interino e substituto do corpo de mestres faga a solicitude de provincia ou provincias nas que desexe traballar no presente curso académico 2012-2013 (sempre e cando posúan conta de correo de edu.xunta.es).

Poderá solicitar zona o persoal que se atope nalgunha das seguintes situacións (sempre e cando posúan conta de correo de edu.xunta.es):

  • Para atender o coidado dun fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, deberá presentar copia do libro de familia.
  • Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída. Deberá presentar: informe médico, certificado de convivencia e xustificación da relación de parentesco.
  • Por enfermidade do docente. Deberá aportar informe médico.

Neste caso (solicitude de zona) deberá presentar a instancia e documentación xustificativa, orixinal ou copia compulsada, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS