(Galicia) Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto


Lunes 12 de agosto de 2013
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  1297



(Galicia) Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto


Xúntase a Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

O 14 de marzo de 2013 as organizacións sindicais ANPE e CSI-CSIF asinaron unha addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995. Na disposición adicional quinta da addenda establécese que «para unha mellor comprensión, as partes asinantes desta addenda acordan que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria efectúe unha refundición do Acordo do 20 de xuño de 1995 e todas as súas modificacións posteriores».

En aplicación desta disposición adicional quinta e do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, procede ordenar a publicación deste texto refundido no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, como anexo a esta resolución.

Segundo. Queda derrogada a Resolución do 10 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto refundido do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013





Archivos adjuntos/Descargar documentos:

Resolución do 31 de xullo de 2013.pdf
Resolución do 31 de xullo de 2013.pdf

Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS