(Galicia) Acceso a ciclos formativos 2013/2014: listaxes de 1ª adxudicación extraordinaria en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia


Miércoles 4 de septiembre de 2013
por  Cuadernalia
popularidad : 1%  Visitas  130



(Galicia) Acceso a ciclos formativos 2013/2014: listaxes de 1ª adxudicación extraordinaria en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia


Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada, na 1ª adxudicación extraordinaria, así como as listaxes de espera aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

Réxime ordinario

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 3 de setembro ata as 13:00 horas do xoves 5 de setembro de 2013. A matrícula deberáse realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional.

Listaxes de persoas admitidas

- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao medio

- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao superior

Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

As persoas que fixeron a súa solicitude de acceso a ciclos formativos de réxime ordinario de grao superior ou de grao medio vía web, e que teñen adxudicada unha praza á que desexan renunciar para permanecer en listaxe de espera das súas opcións de maior preferencia, poden renunciar a esta adxudicación vía web desde a seguinte ligazón.

- Acceso a renuncia á praza adxudicada

Réxime para as persoas adultas

O prazo de matricula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 3 de setembro ata as 13:00 horas do xoves 5 de setembro de 2013. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

Modalidade presencial

Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio

- Listaxe nos módulos de grao superior

Modalidade distancia

Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio

- Listaxe nos módulos de grao superior





Comentar el Artículo

  Facebook     Twitter     Google+     Sindicación RSS